martes, 13 de noviembre de 2018

Poemas de Alemaña

                  I

Mann non se lé
Fassbinder non existe
tan só Lily Marlene
—esa canción—
segue devorando cerebros.

O rencor sementa ovos de serpe.

O pasado domingo á saída do templo
un neno pegou sobre a Biblia
unha cruz gamada.


                  II

Vexo pasar os novos lobos
(procuro sen sorte o revólver no abrigo)

Na mesa da terraza
un vello move a cabeza e chora
soa unha marcha militar no radio
(cai ao chan un labio negro)
abandono o café frío, moi frío
son responsable desta horda
que azouta os campos de Europa
e ate hoxe non formulei denuncia alguna.

Onde non hai amor habita un nazi.

Lino Braxe: A caricia da serpe (1999)

Versións:

A caricia da serpe: Poemas de Alemaña; A caricia da serpe; 2005; Pista 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario