jueves, 8 de noviembre de 2018

Non

Si dixese que sí,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quén é quén…
Conformidá.
Ademiración…
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son unhos docas.)
Si dixera que sí…
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.

Pero non.

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)

Versións:
Xurxo Mares: Non; Once máis 15; 2009; Pista 5



O cadelo lunático: Non; Malos tempos; 2015; Pista 9



Zënzar: Non; Camiñando entre serpes; 2015; Pista 11

No hay comentarios :

Publicar un comentario