viernes, 23 de noviembre de 2018

Por amor

Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.

Por amor sángranme os pulsos
e abréseme o corazón.
Por amor dóenme os ollos.
Por amor, só por amor.

Darío Xohán Cabana: Cantigas dos setenta* (1975 )

Versións:

A Quenlla: Por amor; 30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita; 2014; CD2, Pista 4



*[Darío Xohán Cabana: Vinte cadernos: Poemas 1969-2002; Ed. Xerais; 2003; Prólogo de Moncha Fuentes.]

2 comentarios :

  1. Unha preguntiña: que significa "por amor sángranme os pulsos"?
    Penso que significa que te esforzas por amor, pero non estou moi segura.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Deixando ao marxe a intencionalidade metafórica do autor, a literalidade do verso traduciríase ao castelán: «por amor me sangran las muñecas»

      Eliminar