jueves, 8 de noviembre de 2018

Poema do alleado

Son un bilingüista
moi apaixonado,
un colonialista
ben colonizado.
Teño língua nai
e unha língua pai
e unha língua filla
que me maravilla.
… … … … … … … …
Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado.
¡Son un castrapista
como está mandado!

Manuel María: Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)

Versións:
María Manuela: O alleado; Idioma meu; 1977; Cara A, Corte 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario