jueves, 14 de febrero de 2019

Autopoética in progress

                     «[...]as circunstancias fanse mudar precisamente
                polos homes e o propio educador precisa ser educado.»
                                                    Teses sobre Feuerbach
                                                                     Karl Marx

[...] a honestidade, o teatro, o desexo, a recalificación
da realidade, a xeración abandonada, o jazz
no Plaza Hotel —New York City—, a operación de asalto,
as historias, a froita de tempada, a froita de óso,
as cousas da lealdade, o significado, a primeira liña
da Internacional, o reloxo, o curso dos acontecementos,
o terror vermello, o ámbito, a Gran Música Negra,
a nación, a crónica, o espectáculo, as áncoras,
o te saber, o catastro, a listaxe da compra, a
hexemonía da clase dominante, o urso de Moscova,
a biblioteca, o tratado polo que se estabelece unha constitución
para Europa, os ollos máis bonitos da Montaña,
o lique no muro, o suxeito histórico, a fame,
a terra —pero a terra—, o subdesenvolvemento,
o concerto de Olatunji, o mes, os amigos fóra, a tensión,
o noso movemento, o arfares, a mañá, a esquina
do barrio, a doutrina, o ataque preventivo,
os autobuses, as estacións de autobuses, a república
popular, o territorio inventado, as ruínas, o café, o
patrimonio dos insectos, o insomnio, os afectos escollidos,
a nosa causa, a humidade, o que fagas, o que digas, o método
e o discurso, o domicilio social, as necesidades non o beneficio,
a expresión, o mel, o sal e o leite si, a vitoria
das sabas enredadas, a guerra global permanente,
as augas, o neutro, a materia prima, a alma tamén,
o camiño cara a ti, o voo do reiseñor, a política reformista,
os temores, as alfaias da primavera, a xoia da coroa,
as follas secas abofé, o socialismo ou a barbarie, as coxas
dos mellores días, os orzamentos, a pel de teu, a reconciliación,
os outros europeos, a sociedade opulenta, as alfombras,
o turismo rural, o non lugar, o pensamento luminoso
de Marx —Ferrín—, o pensamento inevitábel de Marx
—Sartre—, a poesía constitucional, a tristura, os compañeiros,
a agricultura posprodutivista, o non, o principio de
gravitación universal, o estado e a revolución,
as derrotas todas, a conversa sen papeis, a NATO, a
democracia de baixa intensidade —Domingos Antom—,
os laboratorios de poder, o non, a sensibilidade no que
apalpas, o qué facer, a fraternidade, a fraternidade,
a fraternidade, a fraternidade […]

Daniel Salgado: Os poemas de como se rompe todo (2007)

Versións:
Fanny + Alexander: Autopoética in progress; Alfaias; 2009; Pista 10



Fanny + Alexander: Autopoética in progress; Once máis 15; 2009; Pista 6

(Reedición da versión do disco Alfaias, do ano 2009.)

No hay comentarios :

Publicar un comentario