domingo, 17 de mayo de 2020

Todo termina mal

Todo termina mal. Tés que ajeitar-te
a esta verdade, e resignar-te a ela.
Non podes apaga-la nen vence-la.
De asimila-la has de aprender a arte.

Viver non podes nunha estrela à parte.
Esta nunha galaxia a tua estrela.
Esta nunha abadia a tua cela.
À comun regra tés que sujeitar-te.

Tés que portar-te como se viver
fosse so aprendizado de morrer,
e estar, aprendizado de partir.

Cansam os deuses de felices ser.
O fogo nasce para arrefecer.
O paxaro alça o vo para cair.

Ricardo Carballo Calero: Reticências (1986-1989) (1990)

Versións:
Avante!: Todo termina mal; Musicando Carvalho Calero*; 2010;



Avante!: Todo termina mal; Camaradas do metal!!, Vol.1 (VVAA); 2011; Pista 5

(Reedición da versión do concurso Musicando Carvalho Calero, do ano 2010.)


Antía Muiño: Numha estrela à parte; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 34




Ghaveta: Todo termina mal; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 54



*[Concurso  organizado pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando.net con motivo da celebración do centenario do nacemento do poeta.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario