jueves, 18 de marzo de 2021

Sementeira

Sementar, sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fala na lingua nai,
que suba os pexegueiros
a froita verde ha roubar.

Un vello que dea consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos aos nenos
do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborexar.

Logo déixame morrer
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.

Lois Álvarez Pousa: Os cas da vida (1972)

Versións:

Fuxan os Ventos: Sementeira; Sementeira; 1978; Cara A, Corte 1




Astarot: Sementeira; O sentir dunha terra; 2000; Pista 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario