Subiote,
meu chifrote
de ameneiro,
cantareiro,
paxariño
querendón.
Subiote,
meu chifrote
sempre amigo,
vas comigo
espallando
unha canción.
Subiote,
meu chifrote,
na camposa
todo amosa
o grileo
do teu son.
Subiote,
meu chifrote,
recendente,
pau ridente,
birimbáu
do corazón.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Subiote; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 7
No hay comentarios :
Publicar un comentario