Mostrando entradas con la etiqueta Delicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Delicia. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de septiembre de 2023

To be

Non sería cando eu
poboaba a túa presenza verbo ferver feito carne
reverenciando actos e vivindo que ti eras.

Logo rodaron as rodas e non houbo máis remedio
que recollerse na escultura daquela estancia imprecisa.
Hoxe teño que deixar que sexas entre a nada,
porque teño que probar a soedade da que faltas
e saír a buscarte á soedade que ateigas.

E confirmar esta anestesia das desnutridas horas
nas que ti non es, nas que ti non es, nas que ti non es.

Yolanda Castaño: Delicia (1998)

Versións:

Yolanda Castaño*: To be; Edénica; 2000; Pista 5



*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]

martes, 2 de marzo de 2021

Se falase de ti non pronunciaría

Se falase de ti non pronunciaría
                                                    as sílabas supremas
pero bicas ben e gústame estar contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.

Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
pero gústame como abrazas e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas medias.
O meu verde co teu azul.

Yolanda Castaño: Delicia (1998)

Versións:

Yolanda Castaño*: Verde + azul; Edénica; 2000; Pista 9



*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]

miércoles, 22 de mayo de 2019

Chamarte en oración

Non podo máis que ficar
a sentirte asulagar día a día estes escuros corredores,
vieiros mornos que están repetindo o teu nome,
cantándote, chamándote, agardándote case sen decatarse,
camiñando cada día ó teu través a sentirte asulagar
pouco a pouco esta conciencia estes ollos estas
cordas vocais para chamarte até o fin de
cada vida nova, chamarte en oración de lume até calar

definitivamente.

Yolanda Castaño: Delicia (1998)

Versións:
Yolanda Castaño*: Chamarte en oración; Edénica; 2000; Pista 10



*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]

sábado, 4 de mayo de 2019

A historia demóstranos que a memoria sempre castiga co seu fol impertinente

A historia demóstranos que a memoria sempre castiga co seu fol impertinente.

Pero estáteme contento
ti que inspiraches o meu libro,
que me desvestías esta crisálida milímetro a milímetro,
que pertences ó desafío entreaberto das margaridas.

A hospedaxe é esta e vou de pluma en pluma
Sinto que ti es o privilexio que has de ser o privilexio
Quero correr cara a ti cara onde o incendio te convoca.

Que non veña unha paréntese a perfilar as demoras
Os ciclos dispóñenme e non podo contestarche.

Quero esa mesma latencia que a historia nos demostra.
Que non veña unha doenza
                           a merendarse as nosas marcas.

Yolanda Castaño: Delicia (1998)

Versións:
Yolanda Castaño*: O privilexio; Edénica; 2000; Pista 8



*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranzada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]

miércoles, 1 de mayo de 2019

Quén preservará todos os contornos da conciencia

Quén preservará todos os contornos da conciencia.
Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,
             o meu impúdico nome que codifica e devora.
Quén pode prescribir tantos equívocos moldes
             por encima desta fiestra construída polo corpo.
Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria
             cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?

Yolanda Castaño: Delicia (1998)

Versións:
Yolanda Castaño*: Poética de incertidumes; Edénica; 2000; Pista 4



*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]