A historia demóstranos que a memoria sempre castiga co seu fol impertinente.
Pero estáteme contento
ti que inspiraches o meu libro,
que me desvestías esta crisálida milímetro a milímetro,
que pertences ó desafío entreaberto das margaridas.
A hospedaxe é esta e vou de pluma en pluma
Sinto que ti es o privilexio que has de ser o privilexio
Quero correr cara a ti cara onde o incendio te convoca.
Que non veña unha paréntese a perfilar as demoras
Os ciclos dispóñenme e non podo contestarche.
Quero esa mesma latencia que a historia nos demostra.
Que non veña unha doenza
a merendarse as nosas marcas.
Yolanda Castaño: Delicia (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: O privilexio; Edénica; 2000; Pista 8
*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranzada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario