Erguerémola espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que para entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da sudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)
Versións:
María Manuela e Miguel Varela: Erguerémo-la espranza; Erguerémo-la espranza; 1982; Lado 1, Corte 6
María Manuela e Manolo Dopico: Erguerémo-la espranza; O meu primeiro Celso Emilio; Edicións Xerais de Galicia, Libro-CD; 2012; Pista 1
Pilocha, Rodrigo Romaní, Beatriz Loureiro Vázquez, César Lorenzo e Antón Seoane: Espranza; De Voces Ceibes a Milladoiro: Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega: 1973-1978; 2013; Pista 2
viernes, 23 de octubre de 2015
Espranza
Etiquetas:
Antón Seoane
,
Beatriz Loureiro Vázquez
,
Celso Emilio Ferreiro
,
César Lorenzo
,
Longa noite de pedra
,
Manolo Dopico
,
María Manuela
,
Miguel Varela
,
Pilocha
,
Rodrigo Romaní
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario