e ten dous olliños xordos cando anda a facer que é manca
chosca é decir a súa boca de usted ou seña os pelotaris de donosti
xogan á birisca en nova orleans a dama que fala toca
a zanfona microfónica no concorde pilotado por un jicho de barreiro
sobrevoando ceuta e melilla esqueces o teu tránsito de coser
para afuera a propietaria chuleada dunha próspera peluquería
a dama que fala vive lonxe da cidade e o campo
da sagra idea da linguaxe a xeito de artefacto cousa que fala
gomitando señales marítimas bulevares plásticos da galicia
ou da bretaña desbordando o miño que nace a xeito de río profiláctico
pai miño chulo macarra que lle andas a pór peluquerías a todas as jichas
o miño que nace como carril sólo bus do éufrates o tigris e máis
o missouri que se perde
que se perde
como perden as cocodrilas os tomajauks rupestres ao baixaren dos taxis
en nairobi
Grupo de Comunicación Poética Rompente*: A dama que fala (1983)
Versións:
Roberto Sobrado e Banda: A dama que fala**; Once máis 15 (VVAA); 2009; Pista 8
*[O Grupo de Comunicación Poética Rompente ou Grupo Rompente foi creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a él estiveron vencellados tamén Alfonso Pexegueiro, Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.]
**[A versión musical de Roberto Sobrado e Banda remata co recitativo dos poemas a dama que fala e as referencias de contexto histórico agrícolas non nos deben levar, da obra do Grupo de Comunicación Poética Rompente: A dama que fala, do ano 1983.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario