a mexar fóra do caldeiro establecendo mecánicas relacións de causa
a efecto
amais dos xa citados efectos secundarios a nivel fisiolóxico producidos
polo emprego atolondrado da pomada a dama que fala cómpre destacar
certa psicose colectiva que arrodeou a súa difusión no limitado
mercado farmacéutico daquela época psicose colectiva da que son
fiel reflexo os mass media en xeral e mesmo a vida cotidiana
pondo de moda nos balnearios estivales exclamacións tan características
como aquelas de
aquela muller era redonda dábanlle por todas as partes
ou aquela outra de
I know it’s only rock and roll but I like it
Grupo de Comunicación Poética Rompente*: A dama que fala (1983)
Versións:
Roberto Sobrado e Banda: A dama que fala**; Once máis 15 (VVAA); 2009; Pista 8
*[O Grupo de Comunicación Poética Rompente ou Grupo Rompente foi creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a él estiveron vencellados tamén Alfonso Pexegueiro, Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.]
**[O recitativo deste poema está precedido pola musicalización do poema A dama que fala é muda polos cóbados interpretado por Roberto Sobrado e Banda, e polo recitativo do poema a dama que fala, ámbo-los dous da obra do Grupo de Comunicación Poética Rompente: A dama que fala, do ano 1983.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario