miércoles, 2 de septiembre de 2015

Labrego

Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.

Meu pai é labrego,
tamén meus avós:
¡pasáronse a vida
tripando terrós…!

Meu pai é labrego,
labrego naceu,
¡e labra nos eidos
traballando a treu!

Meu pai é labrego,
labrego naceu.
¡Meu pai é labrego
sen terra de seu!

Meu pai é labrego,
labreguiño eu son.
¡Pasarei a vida
xunguido ó terrón!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Fuxan os Ventos: Labregos; Fuxan os Ventos; 1976; Pista 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario