III
Tal como as nubes
que impele o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os espasos inmensos do ceo,
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas,
de estranas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran
o fondo sin fondo do meu pensamento.
Rosalía de Castro: I. Vaguedás. Follas Novas (1880)
Versións:
Narf: Tal como as nubes*; Nas tardes escuras; 2013; Pista 1
*[A versión musical de Narf inclue tamén o recitativo da primeira estrofa do poema Diredes destes versos, i é verdade, da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880; recitada polo mesmo intérprete.]
viernes, 28 de abril de 2017
Tal como as nubes
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario