—Cantan os galos pra o día; érguete, meu ben, e vaite. —¿Cómo me hei de ir, queridiña; cómo me hei de ir e deixarte? |
||||
—Deses teus olliños negros como doas relumbrantes, hastra as nosas maus unidas as bágoas ardentes caen. ¿Cómo me hei de ir si te quero? ¿Cómo me hei de ir e deixarte, si ca lengua me desbotas e co corazón me atraes? Nun curruncho do teu leito cariñosa me abrigaches; co teu manso caloriño os fríos pes me quentastes; e de aquí xuntos miramos por antre o verde ramaxe cál iba correndo a lúa por enriba dos pinares. ¿Cómo queres que te deixe? ¿Cómo, que de ti me aparte |
||||
si máis que a mel eres dulce e máis que as froles soave? |
||||
—Meiguiño, meiguiño, meigo, meigo que me namoraste, vaite de onda min, meiguiño, antes que o sol se levante. |
||||
—Aínda dorme, queridiña, antre as ondiñas do mare; dorme porque me acariñes e porque amante me chames, |
||||
que sólo onda ti, meniña, podo contento folgare. |
||||
—Xa cantan os paxariños. Érguete, meu ben, que é tarde. |
||||
—Deixa que canten, Marica; Marica, deixa que canten… |
||||
Si ti sintes que me vaia, eu relouco por quedarme. |
||||
—Conmigo, meu queridiño, mitá da noite pasaches. |
||||
—Mais en tanto ti dormías, contenteime con mirarte, que así, sorrindo entre soños coidaba que eras un ánxel, e non con tanta pureza ó pe dun ánxel velase. |
||||
—Así te quero, meu ben, como un santo dos altares; mais fuxe…, que o sol dourado por riba dos montes sale. |
||||
—Irei; mais dame un biquiño antes que de ti me aparte, que eses labiños de rosa inda non sei como saben. |
||||
—Con mil amores cho dera; mais teño que confesarme, e moita vergonza fora ter un pecado tan grande. |
||||
—Pois confésate, Marica, que, cando casar nos casen, non che han de valer, meniña, nin confesores nin frades. ¡Adiós, cariña de rosa! |
||||
—¡Raparigo, Dios te garde! | ||||
Versións:
Astarot: Cantan os galos pro día; Longa noite de pedra; 2005; Pista 2
Fucoxabier: Cantan os galos pro día; Once máis 15 (VVAA); 2009; Pista 14
Tempo catro sexteto: Cantan os galos pra o día; Os ollos que falan; 2014; Pista 6
No hay comentarios :
Publicar un comentario