Había que chegar, había que chegar pra ser.
Había que deixar o que nacera,
o que iba medrando.
Había que deixalo.
Había que chegar.
Había que deixar a cume,
cume de quenturas,
cume que vive baixo a ponte das loitas,
baixo remos que viven no olvido do ben,
baixo a cruz que nos desina o tempo,
baixo a terra que a presada nos vai decindo,
nos di:
“Había que chegar”.
De cando en cando miña cume fala soia,
volve ó seu e logra del,
logra a resposta do vecín-peito enfermo,
peito que se espaia recio para aquel outro que non ten cura,
peito feito dela que chega a nós,
peito que volve a cume ó seu,
súa infancia tecedeira,
súa primeira mirada que veu luz,
seu mañán en onte xa feito,
seu día craro:
toda verdade das cousas.
¡Anos poucos. Ouh!
María Mariño: Verba que comenza (1990)
Versións:
Manoele de Felisa: Había que chegar; De Felisa a María Mariño; 2007; Pista 8
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario