lunes, 6 de noviembre de 2017

O piñeiro

Había un piñeiro
na cima do coto;
un piñeiro vello
que sempre era mozo.

Dende pequerrecho
foi bon amigolo
do sol e da chuvia,
do monte, de todos…

Sobor del chiaban
paxariños tolos,
e os nenos rubíano
gatuñando fonchos.

No pasado inverno
o vento arrincouno
e quedóu deitado
derriba dos toxos.

Foise murchecendo
pouqueniño a pouco,
até ser apenas
un probe cachopo.

Dempóis, cunha serra
fendérono todo
co mentes de darlle
un trafego novo.

Coas táboas fixeron
sete lavadoiros,
un berce moi chusco
e a porta dun forno.

Tal foi o destino,
xeneroso e longo,
do vello piñeiro
da cima do coto.

Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: O piñeiro; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario