sábado, 4 de noviembre de 2017

Calma

Rhitmo dos remos, a compás.
Proas aos sésamos do día.
Esnaquizada na bahía
a noite inutei fica atrás.

Choupos de remos a compás
creban o vidro azul da ría.
Nunha espiral de melodía
suben ao sol os alalás.

O abrente pinta nos galaios.
Firen á mar —boiantes raios—
mil coiteladas de escarlata,

cando as traíñas trunfadoras
izan as redes promisoras
cheas de lóstregos de prata.

Eduardo Blanco Amor: Mar. Romances Galegos (1928)

Versións:

2naFronteira: Calma; Sons de Nós; 2015; Pista 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario