O vento unha noite
botóuse a zoar
con tódolos folgos
que puido xuntar.
Bufaba teimoso
ó longo do val,
na cima dos cotos
e no piñeiral.
Nas tellas, no alpendre,
na porta e no lar,
testán, sin acougo
veña de fungar.
Pero tras da noite
chegou a mañán,
e o vento rinchante
deixóu de bruar.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: O vento; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 4
No hay comentarios :
Publicar un comentario