lunes, 27 de noviembre de 2017

O verme e a estrela

Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…

¡Esta sede de lus, mentres o vento
da morte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:

2naFronteira: Alalá do verme e a estrela; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario