lunes, 13 de noviembre de 2017

O río

O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta para min tamén.

¡O río canta prás albres
paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados
e prás nubes viaxeiras!

A todos di seu cantar
con escuro e claro son.
¡A todos di seu cantar
anque llo escoiten ou non!

Non lle preguntes ao río
a ónde vai, de ónde ven.
¡O río pasa correndo!
¡O río non se entretén!

O río pasa correndo,
nunca deixa de pasar.
¡Vai dicindo a súa canción
e non se pode parar!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: O río; Os soños na gaiola; 1978; LP2, Cara A, Corte 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario