sábado, 11 de noviembre de 2017

O río

Fuxe o río polo río,
caladiño, sin dar pío.

Leva follas de ameneiro
que esparexe no areeiro.

Escalos, troitas e anguías
relocen nas augas frías.

Nas ponlas dos arboriños
chían melros i estorninos.

Sin présa, coa auga a fío,
marcha día e noite o río.

Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: O río; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario