Non é xusto que destroce estas veces a balazos
de confidencias.
Nin que espere que conprénda-la demanda
de certos inconclusos ademáns.
Querería de ti...¡un rito!
(Que incumpriría.)
¡Unha mentira!
(Que denunciaría.)
É por iso que reviso a teroría
e prefiro
as túas mans cando están quentes,
a túa lingua
cando non sabe de idiomas no arquipélago do meu corpo,
as túas palabras cando medran
como os vexetais (por auga e sol)
e non precisan abonos de razón.
Non é xusto
Amar unha parte de ti e abrilas todas.
Xela Arias: Tigres coma cabalos (1990)
Versións:
César Morán: Non é xusto; Río de son e vento; 1999; Pista 12
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
Obrigado, Manolo de Turoqua, por subir aqui este meu tema sobre o poema de Xela.
ResponderEliminarÉ unha honra que nos teña visitado e contar cos seus parabéns.
Eliminar