lunes, 28 de mayo de 2018

Cortina

Diante el unha muller, doce feitura,
e un fillo criado, única victoria.
Tras del fragas zuando, paus, loucura,
e mozas coma rosas, longa historia.

Ei Farruco da Rolda: Dáme lume.
Terma aínda da lus que antre nós arde.
¡Pro non! Non teño máis que pedra e fume,
e en toda cousa se meteu a tarde.

Nesa tarde cargada de lorbagas
veu o Silencio. Xa tras del as fragas,
perdidas coma ovellas, a zuar.
Tras del o fillo, a casa e a muller.
Morreu. Os bois volveron a pacer
e tralo arado as pegas a brincar…

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:
Zënzar: Cortina*; Camiñando entre serpes; 2015; Pista 6



*[A versión musical do grupo Zënzar comeza con dúas estrofas que non puidemos identificar na obra de Xosé María Díaz Castro, polo que pensamos son orixinais do grupo: «Que pouquiño lle pesa o pensamento/ a Farruco de Rolda. El vai e ven/ como a lengoa do can, ou coma o vento/ quéixase e asubía. Ten e non ten.// Catade as mans que fixo Deus pra enciños,/ pra rabelas, gadañas e grau d’ouro./ Os vercegos bourando nos camiños./ A sombra moura po-lo suco mouro.»]

No hay comentarios :

Publicar un comentario