Pallas erbas xestas uces a ferver
follas framullas a podrecer e tódolos mortos a facer por vida
liña en teima teima vida
teima a vida-tobo-e-codia inceira cerrapecha
cerrapuchadiña cerrapuchadiña cerrapuchadiña
liña torta viravolta
primeira muiñeira que seguíu sempre i arrampla co mundo ó corro
sudar comer e beber / limparse ca mao
a cara quede toda polos ollos i a fala
camiños camiños non
carreiros a rubir e baixar e virar i escadar repetos
poxas
nunca ó lonxe ollarollar
nenos que non van ó dito tirofeito
en todo se engaiolan e todo sanzan
cun pulo ou berro
guindastres do sangre a crebar o silencio
non seña máis longo que a verba
cinir embelecar e cair erguerse e ir e volverse estapinar teimar e teimar
as raigañas escacinan hastra atopar i atopan
a gran déidiva en pequeñas presas
nós a vaca i a ovella a xesta o toxal i o ucedo
carballo e castiñeiro millo e trigo
e todíñalas erbas bichiños e peixes fregándose as vidas
traballar traballar traballar traballar hastra cegar i enxordar
seica somos pra esto e señámolo pois
mais sin tender pontes en demasía longas
unha ponte ha chegar xusto dunha beira autra na que se reconoza a cara dun home
soñar
soñar tódalas cousas pra ter unha a unha
terra cativa e tanta
todo sucedéndose entr’a parva i a merenda
e abertas as noites cear todos xuntos e irse por parexas
agardar ós que volvan agardar outra hora agardar agardar
sin ningúa certeza e con seguranza
agardar outro século sécula seculorum repetindo os puntos da muiñeira hastra fundirnos
Uxío Novoneyra: Do Courel a Compostela (1988)
Versións:
Uxío Novoneyra: Galicia teima vida / Poema mundo Laxeiro; Do Courel a Compostela; 2010; Pista 1
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario