lunes, 21 de mayo de 2018

Pastor

Eu vou ao monte co gando
dun canciño acompañado.
Nos meus días de pastor
¡qué cousas teño soñado!

Teño soñado que as nubes
son un fato ou un rebaño.
¡Os seus verlos branqueciños
semellan a la dun año…!

¡Soñei que os cornos da lúa
os cornos dun xato son!
¡Qué son os cornos dun xato,
que son os dun boi marrón!

¡Soñei que a auga do río
é un touro desmandado;
un touro que, pola forza
nunca será domeñado…!

Soñei que podía xunguir
ao meu carro de xoguete
un par de gatos que teño
moi bravos, case monteses.

¡Moi lonxe, nos soños, fun!
Cando dos soños volvín:
¡o canciño compañeiro
xa estaba feito un mastín!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: O pastor; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Cara B, Corte 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario