todo semella tan ancho
que soborda
a cousa ruín dunha palabra.
A estas alturas
nada colle nun poema porque desencadeas,
amor,
a vida aberta fóra do papel.
Daniel Salgado: Sucede (2004)
Versións:
Fanny + Alexander: A estación sen ti*; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 7
*[A versión musical do grupo Fanny + Alexander está precedida polo poema Baleiráronse as terrazas, e seguida do poema Cae a noite e esquécense os obxectos, todos da obra de Daniel Salgado: Sucede, do ano 2004. O título da versión musical coincide co título da sección II de dita obra: A estación sen ti.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario