jueves, 9 de junio de 2022

O peso da soledade

O peso da soledade
non é pra todas as costas.

Baixo unha luz cenital,
o home é un fito senlleiro,
un ún que se non projecta,
Atlas que o ceo sostén.

Deixa, pois, aos que a han mester,
esa droga vitamínica,
o amor, a ilusión, a espranza,
inda que seja unha sombra.

Unha sombra é algo.
Unha sombra acompaña.
Só os mortos non teñen sombra.
Porque ja non lles dá o sol,
ou porque están no seu centro.

Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)

Versións:

Os Carunchos: O peso da soledade; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 16



*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario