¿Por qué serei un débil home só,
neste país tan abundante en deuses?
¡Que estraño animal son,
humilde reptil, áptero,
entre esta fauna alada
de olímpicas presenzas!
Os seres que se cinguen
¡que formosos ao abrente,
ao serán, nos espellos
se ven, de sol e lua!
¡E eu, na fonte, recebo
dura lición diáfana!
¡Que seguros están
do seu rango divino;
que felices, tan certos!
Eu, se podo achegar-me
na derradeira fila,
sinto que outra non haja
onde mellor me oculte.
É, verdadeiramente,
incómodo dabondo,
sendo un cativo arume,
que o vento me trouxese
a estes altos terrazos.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Doente: A casa que ninguén visita*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 63
*[A versión musical de Doente altérnase co poema Esta casa que ninguén visita, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Mostrando entradas con la etiqueta Futuro condicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Futuro condicional. Mostrar todas las entradas
viernes, 27 de enero de 2023
sábado, 12 de noviembre de 2022
Quizá dentro dun ano a tua presenza
Quizá dentro dun ano a tua presenza
seja para el como unha arage fresca.
Quizá dentro dun ano a tua lembranza
seja para el como unha lua clara.
Mais hoje a tua presenza
non é para el senón ferida acesa.
Mais hoje a tua lembranza
nen é para el senón escura mágoa.
Se cadra desta angúria
sairá un dia a dozura.
Se cadra deste anseio
sairá un dia o sosego.
Cando esta ardente chama
seja morna borralla.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
João Moniz*: O meu coraçom; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 12
*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
seja para el como unha arage fresca.
Quizá dentro dun ano a tua lembranza
seja para el como unha lua clara.
Mais hoje a tua presenza
non é para el senón ferida acesa.
Mais hoje a tua lembranza
nen é para el senón escura mágoa.
Se cadra desta angúria
sairá un dia a dozura.
Se cadra deste anseio
sairá un dia o sosego.
Cando esta ardente chama
seja morna borralla.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
João Moniz*: O meu coraçom; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 12
*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
sábado, 24 de septiembre de 2022
Pola fiteira do meu castelo sitiado
Pola fiteira do meu castelo sitiado,
vejo unha cúpula coroada por unha cruz,
e tras ela un ceu de peneirado sol
enrellado de finos grises.
A distáncia emudece e serena
a terra que sob esa abóveda jaz,
e podo sentir a beleza e a dozura do mundo
desde a miña balbordante loita,
desde a miña fealdade aceda.
Sei que a verdade é que son un soldado,
defensor dunha torre que se esborralla,
e que arredor medran as picas
que erguerán con fúria a miña cabeza.
Secomasi, enxergo con frio desprezo o meu fado,
porque non me concerne,
e o meu corazón está na cruz que coroa a cúpula,
nas nubes que estrian o ceu,
na falsa paz que de longe me ven
como un bafo de ardente dita;
e aguardo indiferente unha norte que non é a miña,
mentres o paxaro da miña ollada voa ceibo
sobre o terno verdor da terra que non calcarei máis.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Xan Cassavella e Beatriz Varela: Nom sei se matei*; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 73
*[A versión musical de Xan Cassavella e Beatriz Varela está seguida e alterna co poema Non sei, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]

viernes, 22 de julio de 2022
Para duas unidades
Para duas unidades
hai
máis de mil posicións.
Gozade a vosa dita,
amantes,
baixo a forma que veña.
No miriagrama do corazón
hai infinitos latejos.
A vosa sintonía
nen é cousa de método.
Tal como caen os dados sobre o feltro,
asi vós sobre o terreno de jogo.
A man
que abala o cobillete,
concede-se a sorpresa do azar.
Cadaquén, cadanseu.
Deste jeito ou destoutro.
Jogar às catro esquinas,
non exige programa.
Risos, bágoas, caricias ou liortas.
É respeitábel todo.
O código é singelo e imanente.
Non hai nel transgresión.
Podede-vos sumar, restar, multiplicar
ou dividir.
Sumandos, minuendo e sustraendo,
factores, dividendo e divisor.
A ecuación do amor é indeterminada,
e ten
infinitas solucións para a sua incógnita.
Non se sujeita a normas estilísticas
o número dual.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Electroplasma: Venusberg; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 44
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

jueves, 30 de junio de 2022
¿Onde está o verso? ¿Onde está a prosa?
¿Onde está o verso? ¿Onde está a prosa?
¿Onde está o home? ¿Onde a muller?
¿Onde está a arte? ¿Onde a política?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está o novo? ¿Onde está o vello?
¿Onde está a injúria? ¿Onde está a lei?
¿Onde está o amor? ¿Onde está o desejo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está a direita? ¿Onde a esquerda?
¿Onde o fastio? ¿Onde o pracer?
¿Onde a verdade? ¿Onde a mentira?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está a paz? ¿Onde está a guerra?
¿Onde está o demo? ¿Onde está o deus?
¿Onde está o ceibe? ¿Onde está o escravo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está o negro? ¿Onde está o branco?
¿Onde o traballo? ¿Onde o lecer?
¿Onde está a morte? ¿Onde está a vida?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Moito!*: Demo Deus; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 19
Orballo: Onde está o verso; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 76
*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
¿Onde está o home? ¿Onde a muller?
¿Onde está a arte? ¿Onde a política?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está o novo? ¿Onde está o vello?
¿Onde está a injúria? ¿Onde está a lei?
¿Onde está o amor? ¿Onde está o desejo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está a direita? ¿Onde a esquerda?
¿Onde o fastio? ¿Onde o pracer?
¿Onde a verdade? ¿Onde a mentira?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está a paz? ¿Onde está a guerra?
¿Onde está o demo? ¿Onde está o deus?
¿Onde está o ceibe? ¿Onde está o escravo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
¿Onde está o negro? ¿Onde está o branco?
¿Onde o traballo? ¿Onde o lecer?
¿Onde está a morte? ¿Onde está a vida?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Moito!*: Demo Deus; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 19
Orballo: Onde está o verso; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 76
*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
jueves, 9 de junio de 2022
O peso da soledade
O peso da soledade
non é pra todas as costas.
Baixo unha luz cenital,
o home é un fito senlleiro,
un ún que se non projecta,
Atlas que o ceo sostén.
Deixa, pois, aos que a han mester,
esa droga vitamínica,
o amor, a ilusión, a espranza,
inda que seja unha sombra.
Unha sombra é algo.
Unha sombra acompaña.
Só os mortos non teñen sombra.
Porque ja non lles dá o sol,
ou porque están no seu centro.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Os Carunchos: O peso da soledade; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 16
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
non é pra todas as costas.
Baixo unha luz cenital,
o home é un fito senlleiro,
un ún que se non projecta,
Atlas que o ceo sostén.
Deixa, pois, aos que a han mester,
esa droga vitamínica,
o amor, a ilusión, a espranza,
inda que seja unha sombra.
Unha sombra é algo.
Unha sombra acompaña.
Só os mortos non teñen sombra.
Porque ja non lles dá o sol,
ou porque están no seu centro.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Os Carunchos: O peso da soledade; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 16
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
lunes, 21 de febrero de 2022
Esta casa que ninguén visita
Esta casa que ninguén visita.
Nela vive un home solitario.
Fuma e pasea polos corredores.
Dialoga cos fantasmas do pasado.
Hai moito tempo que viveron.
Van se desfigurando os seus contornos.
Ja se esqueceu das letras daquel nome.
Ja non pode lembrar a cor daqueles ollos.
O seu cabelo é cada vez máis gris,
e arrasta máis os pes cando as escadas sobe.
E ven a noite, e deita-se no leito.
Fecha as pálpebras e non dorme.
E sente renger unha porta,
e unha doce figura entra na estancia
e un bico pon nos ollos do deitado,
e el non bole pra non escorrentá-la.
Esta casa que ninguén visita.
Nela morreu un home solitario.
O vento bate a porta escanastrada.
Ninguén hai a carón do leito giado.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Doente: A casa que ninguén visita*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 63
*[A versión musical do grupo Doente altérnase co poema ¿Por que serei un débil home só?, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Nela vive un home solitario.
Fuma e pasea polos corredores.
Dialoga cos fantasmas do pasado.
Hai moito tempo que viveron.
Van se desfigurando os seus contornos.
Ja se esqueceu das letras daquel nome.
Ja non pode lembrar a cor daqueles ollos.
O seu cabelo é cada vez máis gris,
e arrasta máis os pes cando as escadas sobe.
E ven a noite, e deita-se no leito.
Fecha as pálpebras e non dorme.
E sente renger unha porta,
e unha doce figura entra na estancia
e un bico pon nos ollos do deitado,
e el non bole pra non escorrentá-la.
Esta casa que ninguén visita.
Nela morreu un home solitario.
O vento bate a porta escanastrada.
Ninguén hai a carón do leito giado.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Doente: A casa que ninguén visita*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 63
*[A versión musical do grupo Doente altérnase co poema ¿Por que serei un débil home só?, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
miércoles, 8 de septiembre de 2021
Enviarei-che esta canción
Enviarei-che esta canción
cando te esqueza.
Saberás entón que te amei.
Cando ja te non ame.
Mentres arda no lume teu,
terei-no oculto.
A chama brillará ante ti
cando ja non me queime.
Canción que ha confesar amor
que ja non arde.
Aguardarei pra cha ofrecer
a te ter esquecido.
E se morro sen cha enviar,
morrin querendo-te.
Nunca saberás que te amei
se non te esquezo nunca.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
José Carballido: Cando xa non te ame; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 42
Arteson: Nunca saberás que te amei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 61
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
cando te esqueza.
Saberás entón que te amei.
Cando ja te non ame.
Mentres arda no lume teu,
terei-no oculto.
A chama brillará ante ti
cando ja non me queime.
Canción que ha confesar amor
que ja non arde.
Aguardarei pra cha ofrecer
a te ter esquecido.
E se morro sen cha enviar,
morrin querendo-te.
Nunca saberás que te amei
se non te esquezo nunca.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
José Carballido: Cando xa non te ame; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 42
Arteson: Nunca saberás que te amei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 61
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
jueves, 1 de julio de 2021
Seria tan doce, eternizar
Seria tan doce, eternizar
este longo serán de inverno.
O vello, a fumar a sua pipa.
A vella, a coser a sua roupa.
Afora, o vento, a choiva, o tempo.
Dentro, o siléncio e a quietude.
A vida xorda, a vida imóvil.
A morte só dá vida à vida.
A felicidade cravada
no muro, como unha volvoreta.
O minuto multiplicado,
igual a si mesmo, imortal.
Crea o pensamento o seu ceu
eternizado o instantáneo.
Do lóstrego fai o sol perene.
Da efímera flor, un paraíso.
A vella cose horas e días;
con retrincos de tempo fai o sudário do infinito.
O vello fuma intres de lembranzas;
con aneis de sono forma esteos de eternidade.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Azulula: Serão de inverno; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 28

lunes, 1 de febrero de 2021
Ferrol, 1916
| Cinco duros pagábamos de aluguer. Era un terceiro andar, ben folgado. Pola parte de atrás daba ao Campiño, e por diante à rua de San Francisco. |
|||
| No segundo vivia a miña tia aboa: tiña unha peza cheia de paxaros disecados que só abria os dias de festa para que os nenos disfrutásemos nela. |
|||
| Ainda vivia a miña nai | |||
| e todos os meus irmáns vivian, e enfrente traballaba o señor Pedro o toneleiro, e a grande tenda de efeitos navais mantiña o seu trafego. |
|||
| Na casa tiñamos pombas e, por suposto, un grande gato mouro; e o meu pai era novo ainda |
|||
| e no mar do mundo cada dia descobria eu unha illa. | |||
| Via o mar desde a miña fiestra, e chegaban cornetas da mariña. |
|||
| E baixaba os degraus duas veces a odia para ir à escola, e duas veces rubia-as de volta. |
|||
| As mulleres entón usaban capa e corsé, e íamos à aldeia en coche de cabalos, e a rua estaba ateigada de pregóns de sardiñas e de ingleses que vendian Bíblias. |
|||
| Eu tiña un pacto con Deus: que ninguén dos meus morreria. E o pacto era observado, e eu confiaba na perenidade do pacto. |
|||
| Todo isto fica tan longe que aduro podo ainda lembrá-lo. Esqueceria-o dentro de pouco tempo se non escrebese estes versos. |
|||
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Clásicos libres*: Ferrol, 1916; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 3
Bieitosolo: No mar do mundo; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 36
Moisés Quintas e Aser Álvarez: Ferrol, 1916; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 74
*[Gañador do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
jueves, 28 de enero de 2021
Estou aqui
Estou aqui.
Alén da vida.
Non por riba,
nen por baixo.
Alén.
Tanto me ten
a beira dereita
como a beira esquerda.
Non aguardo a ninguén,
e tampouco me aguardan
en nengures.
Vivin,
mal ou ben;
tanto ten
cando se olla
de longe.
Estou algo canso,
de abondo para non crer
que a miña viage
seja importante.
Aqui e alá,
o meu nome
ha-se borrar.
Como o teu;
mais eu
coido que é un ben
e ajudo;
ti esforzas-te
por lograr
demorar
uns anos ou uns séculos
o que ha vir.
Cadaquén
acha o seu lecer
en cadanseu
facer.
Está mui ben.
Eu estou aqui.
Non por riba,
nen por baixo
de ti.
Alén.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Os meninos: Cá estou; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 24
Laura Tojeiro e Irene Cerqueiro: Além; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 57
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Alén da vida.
Non por riba,
nen por baixo.
Alén.
Tanto me ten
a beira dereita
como a beira esquerda.
Non aguardo a ninguén,
e tampouco me aguardan
en nengures.
Vivin,
mal ou ben;
tanto ten
cando se olla
de longe.
Estou algo canso,
de abondo para non crer
que a miña viage
seja importante.
Aqui e alá,
o meu nome
ha-se borrar.
Como o teu;
mais eu
coido que é un ben
e ajudo;
ti esforzas-te
por lograr
demorar
uns anos ou uns séculos
o que ha vir.
Cadaquén
acha o seu lecer
en cadanseu
facer.
Está mui ben.
Eu estou aqui.
Non por riba,
nen por baixo
de ti.
Alén.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Os meninos: Cá estou; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 24
Laura Tojeiro e Irene Cerqueiro: Além; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 57
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
domingo, 30 de diciembre de 2018
Non sei
| Non sei se matei. Estiven na trincheira. Non vin o meu nemigo. Disparei. Non sei se matei. |
||||
| Fun ferido. Mais non sei se matei. |
||||
| Toupa cega, non teño outro ollo que o ollo do meu fusil. ¿Se cadra o ten visto o meu nemigo? Olladas de fogo |
||||
| cruzan-se entre os dous: |
||||
| eu eo meu nemigo. |
||||
| Fun ferido. Eu non sei se matei. |
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Ruxe-Ruxe: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Labazada: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Alféizar: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Sons de Celeiro: Non sei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 1
Xoán Cabana: Non sei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 4
Malasömbra: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 69
Xan Cassavella e Beatriz Varela: Nom sei se matei***; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 73
*[Inédito. Versión musical participante no concurso homenaxe a Ricardo Carballo Calero, patrocinado por komunikando.net e AGAL (Associaçom Galega da Língua), con motivo do centenario do seu nacemento.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
***[A versión musical de Xan Cassavella e Beatriz Varela está precedida e alterna con parte do poema Pola fiteira do meu Castelo sitiado, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]
Etiquetas:
Alféizar
,
Futuro condicional
,
Labazada
,
Malasömbra
,
Ricardo Carballo Calero
,
Ruxe-Ruxe
,
Sons de Celeiro
,
Xan Cassavella e Beatriz Varela
,
Xoán Cabana
viernes, 19 de octubre de 2018
Eu protesto
Eu protesto
contra min mesmo.
Estou canso
de protestar contra os máis.
Os máis
non son peores do ca min.
Os reis
non son peores do que os vasalos.
Os cregos
non son peores do que os leigos.
Os homes
non son peores do que as mulleres.
Os vellos
Non son peores do que os mozos.
Os generais
non son peores do que os soldados.
Teño visto
vasalos que se fixeron reis,
leigos que se fixeron cregos,
mulleres que se fixeron homes,
mozos que se fixeron vellos,
soldados que se fixeron generais.
E fixeron o seu papel no grande teatro do mundo
tan ben como o papel que antes fixeran.
Ninguén diria
que non naceran tais:
tan concienzudamente traballaban.
E os que non se apearon do tigre da protesta,
santos, herois, profetas, se trunfaron,
como non tiñan ja que protestar, morreron,
deixando a sua herdanza
a entusiastas discípulos
que no nome dos Mestres
fundaron monarquias, igrejas, androceos,
gerúsias, arraiais;
e foron
emperadores, papas, patriarcas,
gerontes, mariscais.
Descontra dos poderes protestados
fundaron os poderes protestantes
descontra dos que non se pode protestar.
En vista destas cousas, estou canso
de protestar contra os outros
e aguardar que protesten contra min.
Eu protesto
contra min mesmo.
En min
o rei protesta contra o rei,
o vasalo contra o vasalo,
o crego contra o crego,
o leigo contra o leigo,
o home contra o home,
a muller contra a muller,
o vello contra o vello,
o mozo contra o mozo,
o general contra o general,
o soldado contra o soldado.
E asi son
rei e vasalo,
crego e leigo,
home e muller,
vello e mozo,
general e soldado.
Quero dizer
que non son maniqueo,
porque Ormuz e Arimán
non son dous, senón un;
están en min, son eu.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
As avoas filólogas: Eu protesto contra min mesmo*; Musicando Carvalho Calero (VVAA); 2010;
*[A versión musical do grupo As avoas filólogas, actualiza de xeito libre os conceptos do poema.]

Suscribirse a:
Comentarios
(
Atom
)