Ollas, meu ben, as cañas dos Ancares.
Ainda o outono é rapaz e ja branquea.
Maio nevou: carazo en vez de rosas
a primavera.
Ainda non ben con doce beizo o Miño
agarimou os flores da ribeira
—seródios froitos dun tardeiro vrao—,
gios ja as queiman.
Bate o nordés Fingoi. Acobillada
à lapa do fogar tabula a nena.
Non coides, porque a mágoa onte se fose,
que hoje non veña.
Ricardo Carballo Calero: Aneis de água. Salterio de Fingoi (1961)
Versións:
Ópio do polvo: A primavera; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 59
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario