jueves, 30 de junio de 2022

¿Onde está o verso? ¿Onde está a prosa?

¿Onde está o verso? ¿Onde está a prosa?
¿Onde está o home? ¿Onde a muller?
¿Onde está a arte? ¿Onde a política?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?

¿Onde está o novo? ¿Onde está o vello?
¿Onde está a injúria? ¿Onde está a lei?
¿Onde está o amor? ¿Onde está o desejo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?


¿Onde está a direita? ¿Onde a esquerda?
¿Onde o fastio? ¿Onde o pracer?
¿Onde a verdade? ¿Onde a mentira?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?

¿Onde está a paz? ¿Onde está a guerra?
¿Onde está o demo? ¿Onde está o deus?
¿Onde está o ceibe? ¿Onde está o escravo?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?

¿Onde está o negro? ¿Onde está o branco?
¿Onde o traballo? ¿Onde o lecer?
¿Onde está a morte? ¿Onde está a vida?
¿Onde está o mal? ¿Onde está o ben?

Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)

Versións:

Moito!*: Demo Deus; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 19




Orballo: Onde está o verso; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 76



*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario