Se somos como somos, por que pujo
quem a pujo esta arela
de sermos de outro jeito
no nosso coraçom?
Seríamos felizes conformándo-nos
com sermos como somos, ignorando
que de outro jeito poderia ser.
Ou bem é que nom somos como somos,
más como quereríamos
ser, porque o ser nom é
o que se é, mas o que se deseja
ser, e a felicidade
é resignada morte, e é a vida
a desgraça de querer ser outrém?
Renunciando assi à felicidade
e a sermos como somos,
e assumindo a desdita
de querer sermos de outro jeito, somos
talvez o que realmente
somos ao sermos um desejo puro
de outros querermos ser.
Porque talvez o sermos nom é sermos,
senom nom querer sermos como somos,
e aquilo que nom somos querer ser.
Ricardo Carballo Calero: Reticências (1986-1989) (1990)
Versións:
Tomé Mouriño: Somos como somos; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 53
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario