Digo sí, digo non,
ningunha cousa é certa.
Son un longo camiño
que en mín erguéu a terra.
Viñen de non sei dónde,
voume pra onde me levan.
Digo sí, digo non,
palabras mentireiras.
Eu qué sei quén son eu,
eu, unha volvoreta
que se afirma no sol
que se empula na erba,
un chafarís de sangue
que rube, alanca e leva
a ilusión de quedarse
no mundo e ser eterna,
eu que son unha folla
no vento que nos leva.
Digo palabras, nomes
que son como moxenas,
quero alcender un lume
para acrarar as tebras.
Digo sí, digo non.
E de cando dixera
a palabra máis vouga
máis escura e tristeira
é a palabra «eu»
que no sangue navega.
Antón Tovar: O vento no teu colo (1974)
Versións:
Anxo Rei: Digo sí, digo non; A rabela da pluma; 2006; Pista 9
No hay comentarios :
Publicar un comentario