| Ai, as preguntas que endejamais serán contestadas. Vai o rio cara o mar: non pode volver a água. |
|||
| Todo o que saben os sábios a min non me importa nada. |
|||
| Un angazo de anos vougos, | |||
| Fausto, peitea a tua barba branca. |
|||
| Nen médicos nen juristas curan o corpo ou a alma. |
|||
| Home, o corpo que quererias, |
|||
| a alma que quererias, | |||
| nen drogas nen leises fartan. | |||
| Carne de muller, qué triste. Verba de varón, qué falsa. |
|||
| Toda resposta é mentira. Só é verdade a pregunta, |
|||
| a pregunta | |||
| que resposta non agarda. | |||
Versións:
Alipio Santiago: Pra vós a verdade, para min a beleza*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 31
Anxo Buide: Pra vós a verdade*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 65
*[As versións musicais de Alipio Santiago e Anxo Buide están precedidas da musicalización do poema Pra vós a verdade, da obra de Ricardo Carballo Calero: Poemas pendurados dun cabelo, do ano 1952.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :
Publicar un comentario