Mostrando entradas con la etiqueta Dona do corpo delgado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dona do corpo delgado. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de abril de 2019

Quechemarín da verde bandeira

Quechemarín da verde bandeira,
o mariñeiro u é?

Ondas amigas do mar levado,
o mariñeiro u é?

Norés que tés a aza lixeira,
o mariñeiro u é?

Ti sirea que cantas soñado,
o mariñeiro u é?

Limós no áer
navíos no mar,
prendas de amante
pra quén serán?

Ai!, xa sinto os remos madre no mar,
meu amigo novo non tornará!

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950)

Versións:
Amancio Prada: No bico do galo a i-alba / Quechemarín da verde bandeira*; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 9



*[A versión musical de Amancio Prada está composta por éste e máis polo poema No bico do galo a ialba, da obra Dona do corpo delgado, de Álvaro Cunqueiro.]

jueves, 13 de julio de 2017

Derradeira elexía a Manoel Antonio

Diríamos que pedra para a tua fronte fría
—para a tua alma mar e vento duro.
Ti sí poeta, fenecido de algas verdes
o teu único corpo, silencioso e breve.

Agora escoita ehí, nese outro lado,
onde ás mareas e a Deus e á sombra toda
coma o Norés se repite, fondo estrano,
viaxeiro antergo, gueivota no teu sangue.

Nós non choramos. Finamente tristes
desconsolado ouvido inacabábel somos.

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950)

Versións:
César Morán: Derradeira elexía a Manoel Antonio; Haberá primavera; 2011; Pista 12

jueves, 23 de marzo de 2017

No bico do galo a ialba

No bico do galo a ialba
      alba e vayliero!
No bico do sono a ialba
      alba e vayliero!
Alba do corpo delgado,
      alba e vayliero!
de quen ando namorado,
      alba e vayliero!
Dormirei nesa fonte,
      alba e vayliero!
por ver chegar a ialba
      alba e vayliero!

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950)

Versións:

Amancio Prada: No bico do galo ai-alba / Quechemarín da verde bandeira*; A dama e o cabaleiro; 1987; Cara B, Corte 3




A Quenlla: No bico do galo; 30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita; 2014; CD2, Pista 2



*[A versión musical de Amancio Prada está composta por éste e máis polo poema Quechemarín da verde bandeira, da obra Dona do corpo delgado, de Álvaro Cunqueiro.]

domingo, 17 de junio de 2012

O cabaleiro da pruma na gorra

O cabaleiro da pruma na gorra,
meu amigo é!
O cabaleiro do verde tabardo,
meu amigo é!
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é!
Non de frecha, de asta nin dardo,
meu amigo é!

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950)

Versións:
Amancio Prada*: A dama que ía no branco cabalo / O cabaleiro da pruma na gorra; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 1



Amancio Prada*: A dama e o cabaleiro; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 1



*[A versión musical está precedida polo poema A dama que ía no branco cabalo de Álvaro Cunqueiro]

A dama que ía no branco cabalo

A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado
Na verde fror
as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo
Na verde fror
as letras van de amor!

No meio do río cambiaron as vistas,
el para o pano i ela prá fita.
Na verde fror
as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiar
e o pano e a fita por se namorar.
Na verde fror
as letras van de amor:
Con amor vivirás!

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950)

Versións:
Amancio Prada: A dama que ía no branco cabalo / O cabaleiro da pruma na gorra*; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 1



Amancio Prada: A dama e o cabaleiro*; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 1



*[A versión musical de Amancio Prada remata co poema O cabaleiro da pruma na gorra de Álvaro Cunqueiro]