Vivimos no ciclo das bengalas.
Prometémonos violarnos ás escuras.
Será que nos desgaxamos durante varios latexos
e os teus labios se pousaron sobre a miña incontinencia.
Será que foron máis fortes os meus estímulos crudos
que ó final abriron todos en guirnaldas incendiarias.
Pero ninguén que me lea te coñece tan ben
como para saber cómo as miñas pernas
por encima das túas ideas arquivoltaicas e fetichistas.
Somos morboadictos.
Quén mellor ca ti para sanar o meu branco.
Qué seo non albergaría de boa gana o teu sempre.
Emparanoian os meus dedos e máis nada che ofrezo.
Son os ofuscados idiolectos.
Vivimos no ciclo das Erofanías.
Somos antinormais.
Yolanda Castaño: Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: Vivimos no ciclo das erofanías; Edénica; 2000; Pista 2
*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]
Mostrando entradas con la etiqueta Vivimos no cilco das erofanías. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de junio de 2026
martes, 6 de julio de 2021
Sexamos sempre xuntos liñas paralelas
Sexamos sempre xuntos liñas paralelas.
Cómo se che dá tan ben almorzar miñas astucias,
esmelgar do meu X.
Porque son a millor, como dixeches,
aprovéitome con descaro da túa anatomía
esquelética
e que tragues trabas e que mordas cordas
e que lambas lamas,
se fai falla.
Pero aínda sigo querendo que sexamos paralelos,
xuntos.
Pero aínda cada día recollo o teu antollo.
Lingua nas ínguas, dentes insistentes.
Confundindo a nosa comunión coas túas medidas importantes.
Esa suxa habitación onde ninguén é máis ca ti.
Porque o punto de contacto é o primeiro punto da diverxencia.
Yolanda Castaño: Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: Liñas paralelas; Edénica; 2000; Pista 1
*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]
Cómo se che dá tan ben almorzar miñas astucias,
esmelgar do meu X.
Porque son a millor, como dixeches,
aprovéitome con descaro da túa anatomía
esquelética
e que tragues trabas e que mordas cordas
e que lambas lamas,
se fai falla.
Pero aínda sigo querendo que sexamos paralelos,
xuntos.
Pero aínda cada día recollo o teu antollo.
Lingua nas ínguas, dentes insistentes.
Confundindo a nosa comunión coas túas medidas importantes.
Esa suxa habitación onde ninguén é máis ca ti.
Porque o punto de contacto é o primeiro punto da diverxencia.
Yolanda Castaño: Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: Liñas paralelas; Edénica; 2000; Pista 1
*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranxada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]
sábado, 25 de mayo de 2019
Dame un fogar e sanarei as túas costas
Dame un fogar e sanarei as túas costas.
As túas labiais louvanzas as louvanzas únicas.
Así quero que me contes cómo e cánto me buscaches
e que así rememores todos os nomes da ausencia,
de cando eramos aínda tan remotos cara a cara,
e que queden sepultados baixo o cemento do esquecemento.
E eu
fago unha cova para ti no
van do meu abrazo,
na sima dos meus brazos,
no rexime feudal do oco do meu colo.
A devoción enfermiza
que durmía nunha caixa pequeniña cun diagrama.
E agora a omnipotente resonancia da túa fronte,
e a íntima estancia onde ninguén é máis ca ti.
Tamén ti na viva esfera fixeches unha ofrenda,
aquela sonora e álxida quietude do teu Castelo.
Son a Cristiana.
Hoxe dicíanme que as cousas escuras son cousas terribles.
Tacho as liñas, pecho os libros, teño dereito a un exército.
Desexo mecelos, os nomes brutais que me dabas, mecelos de novo.
Xuntos deixamos caer as nosas diplomaturas co mundo.
Cándo calarán.
O meu nome é Cristiana.
Yolanda Castaño: Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: Dame un fogar; Edénica; 2000; Pista 6

sábado, 11 de mayo de 2019
Alimentamos ó animal
Un silencio encendido de todos os gustos posibles.
Un silencio que se move.
E eu reclamo un crisantemo de oufanías.
Espérame así,
desplumando as asas da noite,
para dar un trago a esta febre que non cala,
ambición de suxedade que incubamos sen vergonza
unha gula insensata e lámbeme por aquí
alimentar noso animal con esta enferma dor que
doe e
alimenta.
Vén,
tes que probar isto.
Vén.
Dar un sorbo a unha gana que nunca nos pertence;
danza amarga de serpes
que me fala de ti.
Yolanda Castaño: Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
Versións:
Yolanda Castaño*: Alimentamos ó animal; Edénica; 2000; Pista 7
*[A versión musical de Yolanda Castaño foi composta, arranzada, grabada e producida por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).]

Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)