viernes, 9 de octubre de 2015

Derradeira vontade de Fuco Buxán

Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.


Canto pode sofrirse
telo xa ben sofrido.
Pro non hai que abatirse
nin darse por vencido.

Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.


Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.


Podes todo ganalo
si despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.


A túa hora é esta:
colle a fouce, meu pobo,
ergue a testa, protesta
e dempóis mata ó lobo.


Celso Emilio Ferreiro: Cimenterio privado (1973)

Versións:
Suso Vaamonde: Derradeira vontade de Fuco Buxán; …Nin rosmar un laído; 1977; Cara A, Corte 5



Xistra: Derradeira vontade de Fuco Buxán; Temporal; 1989; Cara B, Corte 5



Xistra: Derradeira vontade de Fuco Buxán; Xurdindo do mar; 1992; Cara B, Corte 5

(Reedición da versión do disco Temporal, do ano 1989.)

No hay comentarios :

Publicar un comentario