A vinganza foi fera, estarrecente!
Os Irmandinos foron derrotados!
E foron esmagados brutalmente
polas botas ferradas dos soldados!
Era o pobo sinxelo e loitador.
Era o pobo calado e campesino.
Era o pobo valente e sonador
que quixo gobernar o seu destino.
Era o pobo puro, o pobo chan.
Era o pobo que xa tina un ideal.
O pobo de sempre, o pobo san.
O pobo traballador e comunal.
O pobo que laboraba dia a dia
para erguer, en paz, o seu futuro.
O pobo que cantaba e que sorria
e procuraba luz desde o escuro.
O pobo foi derrotado polo ouro,
por un poder inxusto e inhuman.
O pobo gardou como un tesouro
a fe pra edificar o seu manan!
O pobo foi derrotado, non vencido
porque o pobo un dia ha de vencer.
O seu destino ha de ser cumprido
que despois da noite e o mencer.
O pobo deprendeu o seu vieiro
e sabe, por instinto, como e:
sempre se mostrou rexo e enteiro
defendendo o seu xenio e a sua fe.
Poderase demoucar, non arrincar
a fe nun porvir de venturanza
que os tiranos acaban por pasar
e remata morrendo a sua lembranza!
Os irmandinos son e seran pobo.
Son aquilo que o pobo quixo ser.
A sua semente xurdira de novo.
E esa boa semente ha florecer!
Manuel María: Unha vez foi o trebón (1975)
Versións:
A Quenlla: Canción da derrota e esperanza; Os irmandiños; 2010; Pista 12
No hay comentarios :
Publicar un comentario