lunes, 18 de enero de 2021

É na palma da vida

É na palma da vida
unha moeda gastada.

Ao seu carón ela está, tola,
dicendo: ¡Bebe-me as meixelas!
Mais el cala.
É na palma da vida
unha moeda gastada.

Ela está, tola, ao seu carón.
¡Alumia-te coa miña cabeleira!
¡Morde o pan do meu corpo se tes fame!
¡Se tes sede, sorbe a miña voz clara!
Mais el non quer sol,
nen pan,
nen agua.
¿Qué queres, di?, ela di.
Mais el non quer nada.
Dos ollos saen-lle ortigas de faterna.
Abrolla-lle no peito unha edra mala.

E labra o seu sartego de siléncio
mentres, ao seu carón, a vida
oferece-lle, nua, a sua mazá.

Ricardo Carballo Calero: Poemas pendurados dun cabelo (1952)

Versións:

O Portughés*: A súa mazá; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 8



*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario