martes, 26 de enero de 2021

Entre o si e o non

Entre o si e o non,
Señor, ¿qué farei?
¿Cómo as cousas son?
¿Si ou non? Non sei.

O mundo é un paxaro;
vai con duas asas.
¿Por qué, meu degaro,
as asas esgasas?

Olla como aboia
sobre o vento a ave.
Deixa-a voar soia;
ben o endrezo sabe.

Se a fas margarida
do non e do si,
voará ferida,
fugirá de ti.

¿Procuras segredo
à beleza sua?
Está no ser ledo
a verdade nua.

Ricardo Carballo Calero: Entre o verde e o azul. Poemas pendurados dun cabelo (1952)

Versións:

Luis María Álvarez: Entre o si e o non; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 17




Reboiras van Bergen: Do nom e do si; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 41




Pilo Sierra: Si ou nom; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 70




Lucy Portela: Entre o sim e o nom; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 72



*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario