Oh, a justa armonia
daquela aperta nosa,
rítmica, silenciosa,
matemática, pura,
compasada, perfeita.
Beizos eran sorrisos,
ollos eran olladas,
perto dos uns ou outros,
sen achegar-se a rentes,
todos serenidades.
Oh, a aperta serena,
geometria, justeza,
cheia, redonda, donda,
sen ocos, sen arestas.
O ser e o deber ser,
o real e o ideal:
Hegel na nosa aperta.
Ricardo Carballo Calero: Vieiros (1931)
Versións:
Acordeireta: Aperta; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 9
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario