Estou aqui.
Alén da vida.
Non por riba,
nen por baixo.
Alén.
Tanto me ten
a beira dereita
como a beira esquerda.
Non aguardo a ninguén,
e tampouco me aguardan
en nengures.
Vivin,
mal ou ben;
tanto ten
cando se olla
de longe.
Estou algo canso,
de abondo para non crer
que a miña viage
seja importante.
Aqui e alá,
o meu nome
ha-se borrar.
Como o teu;
mais eu
coido que é un ben
e ajudo;
ti esforzas-te
por lograr
demorar
uns anos ou uns séculos
o que ha vir.
Cadaquén
acha o seu lecer
en cadanseu
facer.
Está mui ben.
Eu estou aqui.
Non por riba,
nen por baixo
de ti.
Alén.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Os meninos: Cá estou; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 24
Laura Tojeiro e Irene Cerqueiro: Além; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 57
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario