lunes, 11 de enero de 2021

Sabe o meu outono que dou

Sabe o meu outono que dou
crara luz que non se apaga.
A miña, hoxe, en onte atopou
a Quen dela alumaba.

Cando soupen que era meu
o que de lonxe me viña,
pronto a miña luz morreu
afogouse na que había.

¡Canto se ve doutro día!
I el a ninguén prometeu.
¡Vai de longo a súa liña!

Vai de longo a súa liña
que ninguén nela volveu.
Cantiga deixou que nos diga…

María Mariño: Palabra no tempo (1963)

Versións:

Manoele de Felisa: Sabe o meu outono; De Felisa a María Mariño; 2007; Pista 8

No hay comentarios :

Publicar un comentario