Enviarei-che esta canción
cando te esqueza.
Saberás entón que te amei.
Cando ja te non ame.
Mentres arda no lume teu,
terei-no oculto.
A chama brillará ante ti
cando ja non me queime.
Canción que ha confesar amor
que ja non arde.
Aguardarei pra cha ofrecer
a te ter esquecido.
E se morro sen cha enviar,
morrin querendo-te.
Nunca saberás que te amei
se non te esquezo nunca.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
José Carballido: Cando xa non te ame; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 42
Arteson: Nunca saberás que te amei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 61
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario