martes, 8 de noviembre de 2022

Prólogo

Foi no seculo quince. A primaveira
floreceu con paixon e con ledicia:
ergueran a liberta como bandeira
os rexos Irmandinos de Galicia…!

O bris voltouse enton mais cantador,
encheronse os ventos de pureza,
o mesmo sol alumou con mais fulgor,
a terra tivo, incluso, outra beleza.

A esperanza prendera en toda a xente
con vontade de presente e de porvir.
E a vida era un pulo transcendente
con desmedidas tarefas por cumprir.

Foron xeiras tristeiras e belidas.
Foron datas feroces e fermosas.
Foron sazons granadas e cumpridas
con colleitas de bagoas e de rosas.

O mundo semellaba puro e novo:
viase nacer a luz polos rincos.
O bo pobo galego –o noso pobo–
obedecia a Roi Xordo e a Lanzos.

Foi tempo de ledicias e de coitas.
Foi tempo de abrir novos caminos.
Foi tempo de revoltas e de loitas,
do furor popular dos Irmandinos!

Manuel María: Unha vez foi o trebón (1975)

Versións:

A Quenlla: Introducción; Os irmandiños; 2010; Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario