Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.
Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte
Este oucéano desatracou das costas
e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre do mar
fixo do barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.
Manoel Antonio: De catro a catro (1928)
Versións:
Fanny + Alexander: Sós/S.O.S.*; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 10
Milladoiro: Sós; A quinta das lágrimas; 2008; Pista 8
Gelria: Sós; Cantos de poeta; 2016; Pista 3
*[A versión musical do grupo Fanny + Alexander está seguida polo poema S.O.S., da obra de Manoel Antonio: De catro a catro, do ano 1928.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario