Soñéi cun tuturutú
que baixaba dunha estrela
tocando arreo moi ledo
un chifro de canavela.
Un chifro de canavela
con ramalletes de xesta,
tuturutú musiqueiro
todo vestido de festa.
Todo vestido de festa
veu dereitiño pra min,
pero cando fun collelo
espertéi e non o vin.
Espertéi e non o vin.
Dempóis de soñar a treu,
o xoguete querendoso
por onde chegóu, fuxéu.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Soñéi cun tuturutú; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 7
No hay comentarios :
Publicar un comentario