Quizá dentro dun ano a tua presenza
seja para el como unha arage fresca.
Quizá dentro dun ano a tua lembranza
seja para el como unha lua clara.
Mais hoje a tua presenza
non é para el senón ferida acesa.
Mais hoje a tua lembranza
nen é para el senón escura mágoa.
Se cadra desta angúria
sairá un dia a dozura.
Se cadra deste anseio
sairá un dia o sosego.
Cando esta ardente chama
seja morna borralla.
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
João Moniz*: O meu coraçom; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 12
*[Finalista do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario