domingo, 30 de abril de 2023

Casoiro

Casou don Godello
con dona Mencía
e van pór casa
polo «Val das Viñas».


Daquela xuntanza,
foron de padriños
a rica Viura
e o rico Caíño.


Houbo baile e foi
a millor parexa
mozo Merenzao
e a Mociña Fresca.


A nena Garnacha
púxose vermella,
porque, o Brencellao,
fíxolle unha festa.


Coesa nena tola
que din Viciveira,
«Jerez», o andalús,
foi de brincadeira.


E a nai da rapaza
—a María Ordoña—,
polo Viñaredo
andaba chorosa…

…………………
Fillo da Mencía
e mais do Godello,
un neno varudo,
ledo e rebuldeiro
(dos que din as xentes:
«arde nun candieiro»),
naceu, polo Cristo,
no mes de setembro.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán: Cantarenas. Galicia infinda (1963)

Versións:

Anxo Rei: Casoiro; Fronteira de cegoñas; 2003; Pista 7

No hay comentarios :

Publicar un comentario